Os clientes de Movistar xa poden contratar Movistar Cloud, un servizo de almacenamento na nube que permite gardar de xeito doado fotografías, vídeos, arquivos de música, e documentos, así como compartilos a través de redes sociais e correo electrónico con quen desexen. Ofrece tamén a posibilidade de sincronizar os contactos e o calendario do usuario con todos os seus dispositivos e con Microsoft Outlook, e inclúe a opción de importar os contactos de Gmail.
Os usuarios poden acceder a Movistar Cloud dende o seu ordenador (PC ou Mac), smartphone e tableta (Android, iOS e Windows Phone), a través das aplicacións móbiles dispoñibles. Ofrece tres modalidades de contratación do servizo de acordo coas necesidades de cada usuario:
Movistar Cloud 20 Gb: 1 €/mes IVE incluído
Movistar Cloud 100 Gb: 2 €/mes IVE incluído
Movistar Cloud Ilimitado: 5 €/mes IVE incluído
Poderán contratar Movistar Cloud en calquera das súas modalidades os clientes de Movistar que sexan titulares dunha liña móbil Movistar (Fusión, Contrato ou Tarxeta) e dende a páxina web do servizo o cliente tamén terá a posibilidade de poder aumentar ou diminuír o espazo que ten contratado sempre que o desexe. Ningunha das modalidades de contratación leva asociado compromiso de permanencia. Amais, durante os 20 días posteriores á baixa do servizo, o cliente poderá descargar todos os seus contidos almacenados na nube sen custo adicional.
Aqueles clientes que por primeira vez se dean de alta de Movistar Cloud e elixan a opción de 20 Gb gozarán do servizo de balde durante os dous primeiros meses a partires do momento da contratación.
Movistar ofrece almacenamento ilimitado na nube por 5 euros/mes
Compartir Este Artigo
