O ataque informático padecido por Sony Pictures continúa a estar de actualidade, pois non só provocou a filtración á Rede de 5 filmes antes da súa estrea en salas cinematográficas, senón que tamén está a facilitar a publicación de numerosa información confidencial da compañías, que van dende detalles sobre negociacións empresariais ata curiosidades do máis variadas dos artistas coa que traballan, o que está a deixar a compañía en moi mal lugar a ollos do público.
Amais, as autoridades aseguran ter cada vez máis evidencias de que o ataque padecido fose orixinado en Corea do Norte, como se supuña dende o principio como reacción á película The Interview no que a CIA organiza un complot para asasinar a Kim Jong-Un, o que no país asiático viron como unha ofensa. De feito, nos últimos días falouse de que había ameazas por parte dos responsables do ataque informático ás salas de exhibición que fosen a proxectar a polémica produción, o que levou a unha decisión moi sorprendente: finalmente The Interview non se estreará nos EE.UU. na data prevista, pese a non existir evidencias de que as ameazas fosen reais, nin que tivesen oportunidade algunha de levarse a cabo.
De feito, a reacción desproporcionada está a ser considerada como unha estupidez por expertos en seguridade informática como Peter W. Singer, quen asegura que hai que saber distinguir entre a habilidade de roubar correos electrónicos dunha compañía que coida pouco a súa seguridade (como xa ten demostrado Sony en varias ocasións) e a capacidade de organizar incidentes comparables ao 11 de setembro nas inmediación de 18.000 salas de cine norteamericanas.
Singer amósase especialmente crítico coa cancelación desta estrea polo feito de que durante a estrea de El Caballero Oscuro: La Leyenda Renace en 2012 produciuse unha masacre en Aurora con 12 mortos e 59 feridos, e iso non provocou a retirada do filme de Batman das carteleiras, pero agora tómanse medidas ante unha ameaza anónima pouco crible.
De todos os xeitos parece difícil de evitar que unha película vaia ver a luz nos cines despois de tanta publicidade de balde como está a recibir por mor da polémica ao seu redor.
Ameazas na Rede levan a cancelar a estrea norteamericana de The Interview
Compartir Este Artigo
