Un dos fundadores de WhatsApp, Jan Koum, publicou a través da súa conta de Facebook novos datos sobre o uso dun dos servizos estrea do último ano, dando conta de que actualmente WhatsApp conta con máis de 700 millóns de usuarios activos ao mes que mandan uns 30.000 millóns de mensaxes ao día, confirmando que esta plataforma continúa a medrar pese á emerxencia de múltiples competidores que aínda están moi lonxe da súa penetración de mercado (que nalgúns países como España é case absoluta, converténdose no sucesor das SMS/MMS).
O pasado mes de agosto Koum falaba de 600 millóns e usuarios, polo que entendemos que o ritmo de crecemento de WhatsApp aínda é moi rápido, faltando aínda para a súa saturación. Cómpre destacar que actualmente WhatsApp é propiedade de Facebook (con 1.350 millóns de usuarios activos ao mes), compañía que tamén está a conseguir un grande éxito con Instagram (300 millóns de usuarios activos) o que demostra o bo ollo que teñen de cara á captación de usuarios móbil a través de aplicacións alleas, experiencia que paulatinamente vai trasladándose ao propio Messenger de Facebook (que chegou aos 500 millóns de usuarios activos en poucos meses).
Nos vindeiros meses espéranse aínda máis novidades que incremente o uso de WhatsApp, como a posibilidade de realizar conversas de voz, servizo que levan meses preparando e que está a experimentar algúns retrasos.
WhatsApp chega aos 700 millóns de usuarios activos
Compartir Este Artigo
