Nos últimos días filtráronse capturas de pantalla e características dun novo proxecto de Microsoft que sería un navegador web alternativo ao Internet Explorer, que buscaría introducir numerosas prestacións avanzadas que irían moito máis aló dun redeseño do navegador habitual, e que posiblemente se presentará publicamente este mes.
O proxecto, coñecido como Spartan, sería un navegador web multiplataforma (funcionaría en PC, Xbox, tabletas e smartphones) que se instalaría a través da tenda de aplicacións de Windows (para poder gozar de actualizacións periódicas), contaría con temas personalizados, permitirá agrupar os seus separadores (por exemplo, para seleccionar unha serie de contidos que se cargarán todos xuntos cando poidamos atendelos) e, moi especialmente, integraría o asistente de voz Cortana (ata o momento só presente en smartphones con Windows) e permitiría utilizar un lapis óptico para realizar anotacións en calquera páxina web para poder compartilas cos amigos a través de OneDrive (funcionalidade que agradecerán especialmente os usuarios de tabletas Surface Pro.
A nova aplicación chegaría en Windows 10, pero sen chegar a substituír totalmente ao Internet Explorer, que continuará a avanzar nas súas versións.
Microsoft quere revolucionar os navegadores web con Spartan
Compartir Este Artigo
