Nun momento no que boa parte do mundo está a prestar atención ao terrorismo islamita tras as accións violentas contra a publicación francesa Charlie Hebdo e a reacción cidadán en repulsa, dá a impresión de que o confrontamento quere levarse a novos territorios como o electrónico, xurdindo un certo alarmismo despois de que as contas de Twitter e YouTube da Central de Mando Militar dos EE.UU. (Centcom) fosen usurpadas por un grupo afín a Estado Islámico (que responde ao nome de CyberCaliphate), dando a impresión de que realizaron unha intromisión nas redes militares norteamericanas, aínda que en realidade estamos ante unha situación moi diferente, como tiveron que advertir as autoridades norteamericanas, xa que a usurpación dunha conta de usuario dunha plataforma en liña non supón unha ameaza de seguridade real para as entidades suplantadas, de xeito que non habería ningunha información clasificada comprometida.
Durante o tempo nos que as contas do Centcom nas plataformas sociais estiveron comprometidas publicáronse numerosas informacións para dar a entender que era material clasificado (cando realmente estaba dispoñible na Rede) de xeito que, aínda que realmente non se producira unha filtración de información confidencial, si conseguiron aparentalo, o que pode prexudicar a imaxe do Centcom.
Un grupo islamita suplanta ao Centcom en Twitter e YouTube
Compartir Este Artigo
