
Esta iniciativa desenvolverase ata o mes de marzo, entregándose o premio na sesión Muller e Tecnoloxía do Forotech 2015, podendo presentarse candidaturas vía web ata o 12 de febreiro ás 17:00 horas. Este recoñecemento non só salientará a figura da enxeñeira gañadora, senón que tamén ten unha dotación de 3.000 euros.
Estes premios contan cun xurado formado principalmente por tecnólogas como a presidenta de Microsoft España, María Garaña, ou a presidenta de Genetrix e ex-ministra de Innovación, Cristina Garmendia, que valorará a relevancia das innovacións achegadas na carreira científica ou profesional das candidatas, a súa formación académica, as súas capacidades de conectar distintas actividades, de superar as dificultades e de socializar os coñecementos, e a súa aportación para apoiar a presenza doutras mulleres no ámbito científico-tecnolóxico e propiciar os cambios en tal ámbito para unha maior igualdade.
Vídeo promocional do Premio Ada Byron á muller tecnóloga 2015
Convocan unha nova edición do Premio Ada Byron á muller tecnóloga
Compartir Este Artigo
