
Pese a eses bos resultados, Zuckerberg lanzou aos accionistas unha clara mensaxe: a compañía non está centrada na obtención de beneficios, polo que continuará a apostar por iniciativas solidarias como Internet.org, de xeito que os investidores que non estean conformes con iso deberían abandonar o capital da empresa.
Pero Facebook non quere destacar só os seus datos económicos nos seus balances, senón que dá máis importancia ao seu volume de usuarios, pechando decembro con 890 millóns de usuarios activos (o que supón un incremento interanual do 18%), destacando especialmente que no móbil conseguiron medrar un 34% ata chegar aos 745 millóns de usuarios activos ao día. En balance mensual os resultados son aínda máis impresionantes, con 1.490 millóns de usuarios activos dos que 1.190 millóns corresponderían ao móbil, deixando claro que estamos ante a plataforma social máis importante do mundo e que, pese a estar a chegar a uns niveis de difícil crecemento, consegue manter o pulo.
Facebook presenta os seus resultados de 2014 confirmando o seu bo ritmo de crecemento
Compartir Este Artigo
