Hai pouco comentamos que Google Glass deixaba de ser un experimento de Google X para pasar a integrarse na compañía como unha división de seu, e agora o novo proxecto que se gradúa para converterse nun desenvolvemento oficial é Project Tango, o sistema que baseándose en smartphones e tabletas con sensores estereoscópicos busca realizar un mapeado tridimensional de espazos físicos que viña a desenvolverse dende Google ATAP (Advanced Technology and Projects).
Este cambio do proxecto Tango crea certa incógnita, pois agora non se sabe se esta tecnoloxía pasará a desenvolverse fóra do ámbito público como acontece con Google Glass, ou se dará pé a un novo programa de produtos que axuden a ver o mundo en tres dimensións. De feito, non sería sorprendente se nos vindeiros meses Google iniciase unha gama de produtos dentro da liña Nexus na que vexamos como se achega esta tecnoloxía de sensorización a un público máis amplo do que actualmente accedía a Tango (o que posiblemente tamén suporía un cambio de marca).
O Project Tango de Google deixa de ser un experimento
Compartir Este Artigo
