YouTube non cesa de incorporar innovacións para poder manter o seu servizo nunha posición líder, e en vista de que a súa plataforma ten moito peso na reprodución musical, decidiron comezar a probar a posibilidade de reproducir actuacións musicais multi-cámara, para que os afeccionados poidan elixir o plano que queren ver en cada momento na liña do que pode facerse nalgúns vídeos de concertos editados en DVD.
Para demostrar esta tecnoloxía con ata 4 cámaras incorporaron a ficha Choose Your View na canle de YouTube da cantante Madilyn Bailey, que convértese así na primeira artista en tirar proveito desta funcionalidade durante unha actuación enmarcada nun evento musical organizado por YouTube.
Este novo xeito de ver vídeos de YouTube polo momento só funciona dende a propia web do servizo en equipos de escritorio (aínda que ao empregar o reprodutor en HTML5 de YouTube non ten grandes problemas para funcionar en dispositivos móbiles, pese a non estar optimizado para un control táctil do cambio de cámara). Cando estamos a ver o vídeo, se movemos o rato informático sobre o mesmo veremos unhas miniaturas cos distintos ángulos de cámara a elixir, sendo tamén posible mudar entre os mesmos cas teclas dos cursores ou premendo nos números do 1 ao 4 do teclado ordinario (curiosamente non funciona co teclado numérico).
Neste momento YouTube está a buscar artistas que queiran probar esta tecnoloxía, polo que teñen un formulario para permitir inscricións na YouTube Interactive Experience que polo momento está limitada aos EE.UU.
YouTube está a probar a incorporación de múltiples ángulos nos seus vídeos
Compartir Este Artigo
