Twitter pechou un acordo con Google para facer que as actualizacións na súa plataforma estean máis accesibles ás buscas en liña, de xeito que Google xa non terá que percorrer os contidos de Twitter como se fose unha páxina web calquera, senón que terá acceso ao fluxo de datos que xera o servizo.
O acordo fará que os chíos sexan máis visibles e cheguen a unha maior audiencia, pois incluso os que non son usuarios de Twitter poderían achegarse facilmente aos seus contidos. De feito, dende Twitter tamén están a facer xogadas semellantes con Bing e Yahoo!, conseguindo así unha mellor postura de cara á explotación do mercado publicitario que é o seu principal sustento.
Este tipo de acordos son beneficiosos para ambas partes (de xeito que non terían que intercambiar ingresos publicitarios), xa que mentres Twitter mellora a súa visibilidade, e incrementa o seu tráfico, os buscadores conseguen un acceso privilexiado a contidos que están a xerarse en tempo real, e que son de grande utilidade para achegar ao usuario á información de última hora e aos temas do momento.
Google presentará información de Twitter nos seus resultados de busca
Compartir Este Artigo
