A nova edición do Mobile World Congress celebrarase entre o 2 e o 5 de marzo en Barcelona. O pavillón estatal do salón, segundo informa o Ministerio de Industria, dará acubillo a sesenta empresas do sector das novas tecnoloxías, amosando os seus últimos achados e desenvolvementos e facéndoo nunha contorna de 650 metros cadrados de superficie (a superficie do dito pavillón) e dividida en áreas para o traballo en rede, presentacións e casetas. Por certo que haberá entre as devanditas compañías presenza galega: a de Quobis, que acode dende Porriño para dar conta do seu Sippo WebRTC Application Controller, (Sippo WAC), un innovador recurso para provedores de servizos de telecomunicacións, empresas e distribuidores de equipamento de redes.
Segundo explica a organización do salón (Ministerio de Industria, Generalitat de Catalunya, Ajuntament de Barcelona e FIRA), o evento supón “unha valiosa oportunidade para difundir ao mundo o grao de avance da tecnoloxía que se desenvolve dende nosas as empresas e xerar negocio”. Os piares temáticos son os seguintes: telecomunicacións, ciberseguridade, software, desenvolvemento de aplicacións e contidos dixitais.
As 40 compañías con estand no pavillón estatal son: Azetti Networks, Aywant by Zed, Acuntia, Appszoom, Argelich Networks, Worldline, Vexia, Crazy4Media, Deister Software, Dinero por tu móbil, dBm, Eyebee, Masvoz, redBorder, FewDucks by New Relic, Gestpointgsm, Quiero Apps, Imagic, Indra, IDI Eikon, JSC Ingenium, Kimia, Kitmaker, Mobbeel Solutions, Moove Team, Movilok, imasD Tecnología, PickData, Reticare, Quobis, Abertis Telecom, Safelayer Secure Communications, J21 Partners-Consulting&Ventures, Sensing-Control, Sistelbanda, Software Quality Systems, TST, Telnet, Redes Inteligentes, Force Manager e CartoDB.
A estas cómpre sumar outras 20 compañías sen caseta propia pero si amosando as súas tecnoloxías avanzadas noutros contextos e formatos: ABAMobile, Agile Contens, Apogeo, AYTOS, Grupo Castilla, CGB, Cookpad Spain, Drivania, Fieldeas, Mediasmart, Momo Pocket EDE, NexTReT, Offshoretech, Onbile, Plain concepts, Social Noise, Teamnet, Think Big Factory, TheSuperDriver.com e Vector ITC Group.
Até sesenta empresas estatais amosarán músculo no vindeiro Mobile World Congress
Compartir Este Artigo
