Dende Google destacan que actualmente hai máis de mil millóns de persoas cun dispositivo con Android, que curiosamente son máis potentes que os ordenadores de non hai moitos anos, o que permite que se convertan en auténticas ferramentas de traballo mentres nos permite consultar o e-mail, editar documentos, revisar informes… e en vista de que dispositivos como smartphones e tabletas con Android están infrautilizados no lugar de traballo lanza gora o programa Android for Work, co que buscan que os negocios intensifiquen o seu uso de Android.
Este programa está baseado en catro tecnoloxías chave: perfís de traballo (con Android 5.0 pode separarse a información persoal da de traballo), a aplicación de Android for Work (que busca achegar funcións propias dos perfís de traballo a dispositivos con Android 4.x), Google Play for Work (tenda de aplicacións que facilita a administración de aplicacións entre os dispositivos dos traballadores da empresa) e ferramentas de produtividade integradas (aplicacións para a xestión do correo electrónico, os contactos e o calendario, así como aplicacións para editar documentos ofimáticos).
Deste xeito Android busca un maior achegamento á empresa, cun sistema seguro, que sexa doado de administrar para os responsables tecnolóxicos das compañías, que se integre con solucións de xestión de flotas actuais e que, en definitiva, anime para tirar proveito dos dispositivos móbiles no traballo.
Google quere potenciar o uso de Android na empresa
Compartir Este Artigo
