
En conclusión, “o cen por cen dos habitantes de Vigo poden gozar xa de velocidades de navegación en Internet de ata 100 Mbps, que fan posible a descarga e o intercambio instantáneo de arquivos como música, contidos de alta definición ou sacarlle o máximo partido aos videoxogos en liña”.
Segundo engade a operadora, o seu compromiso por modernizar a rede móbil estatal (compromiso incluído no seu plan estratéxico a curto, medio e longo prazo) seguirá a dar froitos en datas vindeiras noutros puntos da xeografía galega. Así, a empresa continúa arestora estendendo 4G e ampliando o número de estacións base en servizo que contan coa dita tecnoloxía. Isto implicará “un aumento da cobertura en interiores e unha maior capacidade da rede, o que permitirá a Galicia estar preparada para o previsible incremento nos vindeiros anos do uso de terminais 4G e da demanda de datos”, engade a operadora.
Para Telefónica, o remate dos ditos traballos de fornecemento de infraestrutura en Vigo supón un paso diante nos programas da empresa para afianzar tecnoloxías ultrarrápidas en Galicia, uns programas que nos últimos anos levaron á firma “a realizar un importante esforzo investidor en comunicacións móbiles”. En termos concretos, este ano 2015 Telefónica anunciou que investirá máis de 16 millóns de euros para levar 4G ao 87% dos galegos, tendo xa operativas nas grandes cidades de Galicia máis de 150 estacións base con banda larga móbil ultrarrápida.
Telefónica remata o seu despregue de tecnoloxía 4G en Vigo
Compartir Este Artigo
