O Concello de Santiago anunciou este mércores (no marco dunha xornada sobre mobilidade sustentable celebrada no Hotel dos Reis Católicos) que instalará un posto de recarga para vehículos eléctricos no aparcamento público que ten no barrio de Santa Marta. Esta iniciativa, desenvolvida ao abeiro do proxecto Smart iAGO (proxecto compostelán de Cidade Intelixente) foi dada a coñecer polo responsable de Innovación do Concello, Fernando Suárez, quen anunciou que será un servizo de balde. O dispositivo, engadiuse, intégrase no recoñecemento recibido por Santiago logo da alta participación dos cidadáns nun certame promovido pola firma Schneider Electric.
Na xornada participou tamén o alcalde Agustín Hernández, pechando os relatorios e inaugurando (máis tarde) a mostra Vehículo Eléctrico + Enerxías Renovables, que estará na praza do Obradoiro ata o domingo 15 de marzo. A exposición inclúe stands institucionais e corporativos e exhibe diferentes modelos de vehículos eléctricos.
Smart iAGO achegará carga de balde para os vehículos eléctricos en Santa Marta
Compartir Este Artigo
