Esta mañá a empresa tecnolóxica galega Smarttek celebrou un acto no Hotel Eurostars San Lázaro de Santiago de Compostela que contou coa presenza do secretario xeral de Medio Rural da Xunta de Galicia, Tomás Fernández-Couto, e de numerosos profesionais que quixeron coñecer en primeira persoa o funcionamento do novo produto da compañía, o robot cortacéspede conectado Smartbot V2, que como principal novidade conta con conectividade Wi-Fi que permite a súa programación e os seus axustes dende un smartphone.
O Smartbot é un robot equipado coa última tecnoloxía de sensores, que permítenlle esquivar calquera obstáculo, detectar chuvia e deter o seu funcionamento se alguén intenta erguelo do chan ou se apoie nel, facéndoo un dispositivo seguro e fiable. Tamén é respectuoso co medio ambiente (non emite gases contaminantes) e o seu nivel de ruído non supera os 60 dB, o que permítelle funcionar a calquera hora sen molestar aos veciños.
Este robot pode programarse de xeito doado, evitando así a pesada tarefa de cortar o céspede do xardín con frecuencia, xa que de xeito automático realizará o seu percorrido de corte os días e á hora programados, delimitando a súa área de actuación a unha zona delimitada por un cable pastor que neste novo modelo, que integra un sensor de herba, podería ser prescindible en certas instalacións.
O trebello controlable dende o smartphone ou a tableta permite a programación de ata 6 zonas de corte dun xeito moi sinxelo, volve automaticamente á súa base, incorpora unha batería de longa duración, pode traballar en pendentes cunha inclinación de ata o 58%, a súa carcasa supera a certificación IP55 (é resistente á chuvia), ao facer o corte mediante o proceso de mulching non é preciso recoller os residuos do céspede (que serve como abono natural) e pode presumir dun servizo postvenda próximo e personalizado.
O Smartbot V2 chegará mañá mesmo ao mercado, de xeito que poderá adquirirse a través de establecementos especializados, como centros garden, centros de maquinaria de xardín e viveiros de planta.
Vídeo promocional no que podemos ver o Smartbot en funcionamento
Durante o acto no que se amosou o novo dispositivo a profesionais e medios de
comunicación, o secretario xeral de Medio Rural, Tomás Fernández-Couto,
destacou a importancia de que dende Galicia se realicen proxectos de I+D+i que
permitan colocar no mercado produtos como o presentado por Smarttek.
Tamén comercializan
robots de limpeza
O conselleiro delegado de Smarttek, José Manuel Ruíz Pérez,
non só conduciu a presentación do Smartbot, senón que tamén quixo amosar a
algúns interesados outros produtos da súa empresa, como o seu atractivo robot limpacristais SmartBot HOBOT,
que mediante succión é capaz de adherirse a superficies con distinta
inclinación para a súa limpeza automatizada, o que resulta especialmente
práctico para limpar a parte exterior de fiestras que resulten pouco
accesibles, aínda que tamén pode aproveitarse para a limpeza de cociñas ou
cuartos de baño, resultando tan cómodo como versátil.
Outro produto de Smarttek que busca facerse cun espazo
no mercado é o robot aspirador e mopa
automático Matilda, que ten un deseño extraplano que facilita a limpeza por
debaixo de mobles e camas, conta con dobre función de aspiración e mopa en seco ou en mollado, integra un
dobre cepillo pivotante lateral que traballa en sincronía co cepillo de limpeza
principal a xeito de escoba e recolledor, detecta desniveis e escaleiras de
xeito automático, é autosuficiente (volve só á súa base por tecnoloxía de infravermelllos
e sen fíos), permite a programación das súas sesións de limpeza, conta con
función de parede virtual e tamén inclúe mando a distancia. Mide 368 x 378 x
102 milímetros e integra unha batería de 2.200 mAh que tras unha carga de 4-6
horas pode traballar entre 60 e 90 minutos.
Vídeo que presenta o SmartBot HOTBOT en funcionamento
