O vindeiro 7 de abril, a partir das 9.30 horas, o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) vai acoller un seminario sobre enfoques metodolóxicos para a xestión de proxectos baseados sobre todo en PMI, Prince2 e a ISO 21500. Segundo contan fontes do CNTG, na xuntanza amosaranse distintas técnicas de traballo para o desenvolvemento, manexo e achega de proxectos, explicándose cales son as principais características das devanditas metodoloxías e comparándoas unhas coas outras en materia de aplicabilidade.
A xornada vai dirixida sobre todo a profesionais do sector TI con responsabilidade presente ou vindeira na xestión e execución de proxectos; analistas de negocio, funcionais, de sistemas e/ou técnicos, xestores de proxectos, responsables de negocio etc … e, en xeral, a calquera profesional con interese na temática.
O relator da xornada será Alfred Maeso, experto en xestión de proxectos e análise de negocio na empresa Netmind, con máis de 10 anos de experiencia en xestión de proxectos, consultoría e servizos TI para diferentes organizacións. Alfred é licenciado en enxeñería de telecomunicacións e está certificado como PMP, MSP, PRINCE2, CBAP (Certified Business Analysis Professional), BAA (Business Analyst Associate), MoP e ITIL Expert.
O acceso ao seminario, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 6 de abril
O CNTG acolle o 7 de abril unha xornada demostrativa e comparativa sobre metodoloxías para a xestión
Compartir Este Artigo
