O Foro Galego da Web 2.0, Unirede, chegará á súa cuarta edición o vindeiro 18 de abril na sede de A Fundación en Pontevedra, lugar onde buscan dar conta los logros da web social en Galicia, fomentando a interacción entre os diferentes actores do Social Media na nosa comunidade.
Este encontro abrirá cun relatorio de Erika Silva, do blog Marketing Gastronómico, no que abordará os 7 erros que cometen as empresas nas redes sociais, á que seguirá o organizador de eventos turísticos e blogtrips Mario Schumacher, para salientar os Novos xeitos de promoción 2.0 de empresas e asociacións de hostalaría.
O responsable tecnolóxico de Abba Hoteles, Damián Melero, pretende afondar no seu ámbito co relatorio Lost in innovation, que será o que leve á actividade que pechará a sesión de mañá, un panel de experiencias sobre a promoción gastronómica e turística.
A sesión de tarde abrirá cun relatorio de dous habituais deste tipo de xornadas, Roberto Pérez Marijuan e Juan José Romero, que explicarán Técnicas de marketing e vendas en contornos altamente competitivos; aos que seguirá o blogueiro Alfredo Vela, quen tratará A importancia de traballar cunha estratexia para destinos turísticos. Porá o peche ás actividades formais un panel de experiencias sobre tecnoloxía e promoción.
Os interesados en acudir poden inscribirse a través da web, custando a entrada xeral 15 euros (de mercarse antes do 8 de abril) mentres que con xantar o prezo ascendería aos 30 euros.
O turismo e a gastronomía centrarán a nova edición do foro Unirede
Compartir Este Artigo
