Un dos moitos usos que se lles pode tirar ás novas tecnoloxías ten que ver directamente co aforro e coa eficiencia. Ou sexa, con conseguir máis e mellor facendo ou gastando menos. Isto ten aplicacións en moitos eidos, e tamén no eido das estradas e a condución, onde dende antigo imponse por desgraza a filosofía oposta: acelerar moito e facer moito ruído para finalmente acadar ben pouco. Que pasaría se houbese unha aplicación que fose en certa maneira intermediaria entre nós e as compañías de seguros? Dende sempre houbo bos e malos condutores: os primeiros desexando que as aseguradoras soubesen do seu bo facer (e actuasen en consecuencia: cobrando menos) e os segundos devecendo polo contrario. A aplicación Generali Driver satisfará aos bos condutores e as ditas empresas, e obrigará aos cafres a deixar de acelerar cando arrabeen por facelo.
Trátase dun recurso para dispositivos móbiles lanzado para iOS e Android pola empresa do mesmo nome xunto coa operadora Telefónica. Diríxese a axudar na mellora dos nosos hábitos de condución e a traballar a prol da seguridade nas vías. En base ao seu uso, recompensa aos bos condutores con premios, sorteos e trofeos, amais de con aforro no pago mensual do seguro.
Generali Driver incorpora algoritmos avanzados que avalían e estudan unha manchea de parámetros (a posición, a velocidade, a aceleración, as freadas, o comezo e o remate do traxecto, o noso xeito de manexar o volante e o automóbil) para logo fornecernos dunha serie de claves e pautas a seguir en vista do que facemos ben e do que é mellorable. Estes datos obtenos a aplicación a partir do noso móbil, sen que sexa preciso instalar dispositivos ou engadidos extra. Por certo que amais do devandito, o servizo cualifica o noso xeito de manexarnos na estrada cunha puntuación de 0 a 100.
Lanzada unha aplicación que avalía e ponlle nota ao noso xeito de conducir
Compartir Este Artigo
