Estes días New York está a acoller a súa edición do TechCrunch Disrupt, que conta co seu hackaton de 24 horas, do que están a saír proxectos interesantes, como Pager, unha solución creada por tres enxeñeiros que podería ser de grande interese para pequenos negocios que poderán transformar a súa páxina de Facebook nunha páxina web tradicional de xeito doado.
Os creadores de Pager traballaron no pasado para propietarios de restaurantes que tiñan a súa presenza en liña baseada en WordPress, considerando tal solución demasiado complicada para eles, mentres que na actualidade existen numerosos establecementos que conseguen ter certo éxito limitando a súa presenza a Facebook, de aí que considerasen atractivo aproveitar o feito de que os empresarios xa saben empregar ferramentas como Facebook para publicar contidos, convertendo o publicado a través das páxinas da plataforma de Mark Zuckerberg nunha páxina web tradicional, con contidos repartidos en catro categorías (Acerca de, Novas, Eventos e Galerías).
Aínda que este produto non está aínda completo, xa presenta boa parte das súas funcionalidades, e tras presentar esta solución en Disrupt poderían continuar o seu desenvolvemento dando pé a un servizo moi interesante para a PEME.
Pager podería converter páxinas de Facebook en páxinas web ordinarias
Compartir Este Artigo
