
“A cantidade de propostas recibidas demostra, un ano máis, o interese que suscitan estes premios entres os distintos sectores da provincia luguesa”, engade o organismo lucense, que respecto á fórmula empregada para valorar os aspirantes explica que se lle encargará este cometido a un xurado formado por membros da Deputación, elixíndose un premiado por cada modalidade.
Como dixemos, a cerimonia de entrega de premios terá lugar o próximo sábado 9 de maio de 2015 desde as 20:00, no marco do III Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO. O gañador de cada categoría recibirá, ademais do recoñecemento do público e do xurado, unha figuriña e un iPhone 6 de 128 GB de capacidade.
Até 50 candidaturas aspiran este ano aos Premios InLugo
Compartir Este Artigo
