A terceira edición do Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #InLugo comeza hoxe no salón de actos de San Marcos (sede da Deputación Provincial, entidade organizadora do evento) co “cheo asegurado”. Segundo lembran os impulsores do congreso, esta nova convocatoria non fai máis que repetir e certificar o interese xerado polas anteriores entregas, de feito tamén desta volta esgotáronse en moi pouco tempo as 200 entradas dispoñibles. Por certo que a esta cifra de asistentes cómpre engadir aqueles que, malia que non poden seguir en vivo o desenvolvemento do evento, terán a oportunidade de facelo de balde e en directo a través da Rede, grazas á emisión en streaming facilitada pola Fundación TIC, dispoñible en deputacionlugo.gal. “Ademais”, sinalan os organizadores, “as redes sociais están a dar conta de todo o que aconteza ao longo dos dous días que abrangue o congreso, coa etiqueta #inlugo15”.
O evento dará comezo mañá ás 16:00 horas, coa apertura de portas do recinto e a recollida das acreditacións de acceso. Tras a benvida institucional, as actividades arrancarán coa conferencia inaugural, que este ano estará a cargo do prestixioso xornalista Ignacio Escolar (@iescolar), director de eldiario.es, a partires das 17:00 horas.
A xornada do venres continuará coas intervencións de Juan Andrés Milleiro (@juanmilleiro), de NH Hotaal Group; Nuria Padrós (@nunupadros), de Ogilvy PR Barcelona e Diana Morales (@srta_diana), de Movistar España. Tras unha pequena pausa, o Congreso continuará da man de Pablo Butragueño (@pablofb), do bufete Abanlex, e Alenjandro Touriño (@Alextourino), do bufete Écija, avogados especializados en Dereito Tecnolóxico e redes sociais.
Comeza a terceira edición de #InLugo coa posibilidade de asistirmos vía streaming
Compartir Este Artigo
