Aínda que hai uns meses comentouse que os usuarios que tivesen copias piratas de Windows poderían actualizar a Windows 10 de balde, dende Microsoft quixeron matizar o asunto, deixando claro que para gozar dunha versión de Windows 10 de balde de xeito legal será preciso contar cunha licenza xenuína de Windows 7 ou Windows 8.1, plataformas que durante un ano poderán actualizar a Windows 10 sen cargo algún. Unha vez actualizado o sistema a Windows 10 o equipo recibiría as novidades de Windows e as actualizacións de seguridade totalmente de balde durante a vida útil do dispositivo.
Cando unha actualización a Windows 10 non poida verificar a licenza de Windows 7 ou Windows 8.1, o sistema non quedará plenamente activado, de xeito que amosará unha marca de auga no escritorio para advertir ao usuario e instalo a recorrer ao seu provedor no caso de que mercase un equipo con Windows (ou unha licenza independente). As copias non xenuínas de Windows non gozarán de proteccións contra o malware e carecerán de soporte por parte de Microsoft, polo que non sería recomendado o seu uso.
Dende Microsoft son conscientes de que hai moitos usuarios que actualmente carecen de copias xenuínas de Windows, pero permitiranlles actualizar a Windows 10, como incentivo para legalizar a súa situación, para o que a través dalgúns partners lanzarán ofertas para poder dar o salto a Windows 10 dende vellos dispositivos (aínda que polo momento non detallan esas propocións).
As copias piratas de Windows que actualicen a Windows 10 quedarán marcadas
Compartir Este Artigo
