
Ademais presentaranse plataformas e ferramentas que facilitan a xestión e creación de MOOC, mostrando como as necesidades deste tipo de cursos requiren de novas solucións tecnolóxicas e desenvolverase unha serie de obradoiros formativos sobre o uso de ferramentas, metodoloxías e boas prácticas que permiten a creación de MOOC.
O curso contará coa presenza de Stephen Downes, un dos máis reputados e influentes investigadores no eido da aprendizaxe electrónica (elearning) e considerado o creador do primeiro MOOC. Ademais, haberá conferencias impartidas por prestixiosos pedagogos como Gráinne Conole, directora do Institute of Learning Innovation (University of Leicester), e Jordi Adell Segura, director do Centre d”Educació i Noves Tecnologies dá Universitat Jaume I de Castelló; así como recoñecidos investigadores no ámbito do ensino telemático como Carlos Delgado Kloos, da Universidade Carlos III de Madrid, e Martín Llamas Nistal, da Universidade de Vigo.
O curso da Universidade de Santiago vén da man de Manuel Lama Penín e Adriana Gewerc Barujel, contando coa colaboración de Ana Rodríguez Groba, Almudena Alonso Ferreiro e Borja Vázquez Barreiros. Comezará o martes 21 de xullo para rematar o día 24 do mesmo mes.
O experto en elearning Stephen Downes, nun curso sobre aprendizaxe aberta e redes sociais na USC
Compartir Este Artigo
