Twitter anunciou hoxe que o seu director xeral, Dick Costolo, decidiu deixar o seu cargo na compañía, de xeito que a partires do 1 de xullo o seu posto pasará a ser ocupado de xeito provisorio por Jack Dorsey, co fundador da compañía, mentres o Consello de Dirección busca un novo director xeral. Costolo continuará a participar no Consello e conservará o seu cargo de director xeral de Square, a división de pagamentos e servizos financeiros de Twitter.
Costolo asegurou estar “tremendamente orgulloso do equipo de Twitter e de todo o que o acadamos xuntos durante os meus seus seis anos na Compañía”, sen detallar os motivos que levaron á súa decisión, o que reforza os rumores que apuntan a que Twitter podería estar no punto de mira dalgún xigante tecnolóxico, o que sería unha operación de grandes dimensións xa que actualmente Twitter tería un valor de mercado duns 24 mil millóns de dólares.
Sobre as contas actuais de Twitter, a compañía reafirma a súas previsións para o segundo trimestre de 2015, de xeito que mantén unha estimación de ingresos de entre 470 e 485 millóns de dólares, cun EBITDA de entre 97 e 102 millóns de dólares.
Dick Costolo abandona a dirección de Twitter
Compartir Este Artigo
