Será mañá cando teña lugar a xornada organizada pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e encamiñada a facer máis sinxela a información decisiva para a modernización da industria galega por parte dos responsables empresariais. Co título de Directivos na nova industria: información clave e decisións estratéxicas, o encontro acontecerá na Cidade da Cultura de Galicia, no Edificio CINC, a partir das 9:15 horas ata as 13:30 horas.
Ao evento asistirán relatores de primeiro nivel do eido tecnolóxico e expertos de toda España que compartirán neste foro as claves para a toma de decisións estratéxicas en materia de Big Data e ciberseguridade industrial, como novos aspectos a ter en conta ao máis alto nivel directivo. Entre os relatores estarán: o CEO de Grupo Barrabés, Luís Martín; o fundador do Innovation & Technology Trends Institute, Miguel García-Menéndez; ou o presidente de ISMS FORUM SPAIN, Gianluca D. Antonio.
Asemade, a xornada tamén servirá para dar a coñecer casos de empresas punteiras como Tecnalia, Gradiant ou Think Big Factory, que amosarán exemplos reais de produtos e sistemas de última xeración baseados na aplicación da tecnoloxía máis avanzada.
Engadir que o dito encontro inscríbese no proxecto Capacita Directivos, impulsado por APD e o IGAPE, co apoio do Fondo Social Europeo.
A modernización da industria galega, a debate nunha xornada tecnolóxica en Santiago
Compartir Este Artigo

