Parece que se aproxima unha curiosa competición dentro do mundo dos servizos en liña, de xeito que os principais axentes parecen ter movido peza no mundo dos asistentes persoais, e despois de que Google lanzase o seu Google Now, Apple o seu Siri e Microsoft a solución multi-plataforma Cortana, dende Facebook dan conta dun servizo en probas chamado M, que sería un asistente persoal integrado no seu Messenger, que completaría tarefas e atoparía información, para o que empregaría intelixencia artificial baixo o adestramento e a supervisión de persoas.
Deste xeito M pretende axudar a mercar cousas, enviar agasallos ás nosas persoas queridas, realizar reservas en restaurantes, organizar viaxes e moitas outras cousas que irán desenvolvéndose nos vindeiros meses, descoñecéndose polo momento cando este servizo chegará ao público xeral.
Facebook está a probar un asistente persoal integrado en Messenger
Compartir Este Artigo
