Tras anos de espera, está previsto que o mes que vén chegue a España o servizo de vídeo baixo demanda Netflix, que ofrecerá un importante catálogo de películas e series de televisión que poderemos ver á carta pagando unha subscrición mensual e valéndonos dalgúns dos moitos dispositivos compatibles co servizo (televisores conectados, consolas de videoxogos, dispositivos móbiles, Chromecast, reprodutores de Blu-ray con funcións de Smart TV…) que está considerado como un dos sistemas que máis contribúen a frear o consumo audiovisual irregular no fogar, xa que por un prezo axustado abra a porta un grande volume de contidos (especialmente nos EE.UU.) e, finalmente, grazas a unha entrevista a Neil Hunt publicada por El Periódico, sabemos os prezos que vai ter no noso territorio.
A subscrición básica a Netflix, para un dispositivo en calidade estándar, terá un prezo de 7,99 euros/mes, tendo que paga 8,99 euros/mes para gozar de ata 2 dispositivos simultáneos e calidade HD e existindo tamén unha solución máis avanzada por 11,99 euros/mes que aceptaría ata 4 dispositivo e calidade 4K. Para gozar destas modalidades de contratación precisarían de ter no seu fogar unha conexión de como mínimo 1,5 Mbps para gozar de calidade estándar, entre 3 e 7 Mbps para gozar de alta definición e a partires de 15 Mbps para poder tirar proveito da ultra alta definición, confirmándose que esta última modalidade estará dispoñible dende o primeiro día, o que é unha magnífica nova para os consumidores que adquiriron un televisor UHD nos últimos anos que e que ata o momento practicamente non gozaban de contido que o aproveitasen.
Neil Hunt recoñece que Netflix vai comezar en España cun catálogo de contidos moi feble, que irá mellorando paulatinamente, tanto en contidos propios como doutras produtoras, pois deuse a mala fortuna de que incluso varias series de produción propia (House of Cards e Orange is the New Black) non poderán estar dispoñibles nos inicios de Netflix por estar actualmente a ser comercializadas por outras plataformas televisivas en España.
ACTUALIZACIÓN: Pese ao indicado na entrevista a Neil Hunt, dende Netflix aseguran que os prezos non son oficiais, e polo momento só apuntan que os prezos serán moi “semellantes aos de outros países europeos”.
Netflix terá prezos de entre 7,99 e 11,99 euros/mes en España
Compartir Este Artigo
