
As sesións desenvolveranse os días 5, 6, 7, 8, 13 e 14 de outubro en horario de 18.30 a 20.45 horas, e o 15 e o 19 de outubro en horario de 16.00 a 18.15 horas. En total, falamos de 18 horas de actividade formativa, a celebrar nas salas de traballo en grupo do terceiro andar da Biblioteca.
Os destinatarios do curso, que achega un máximo de dez prazos, son persoas con coñecementos amplos na configuración dun sistema operativo (xestión de usuarios, configuración de dispositivos, instalación de programas) e con coñecementos básicos de programación e de configuración de redes locais. Deberán traer unha memoria USB baleira e un teléfono móbil para conectarse á Rede vía Wi-Fi. Segundo informa a Biblioteca, é imprescindible ter o carné de socio ou socia cando remate o período de inscrición.
A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago e MeLISA achegan un curso sobre programación GNU/Linux
Compartir Este Artigo

