Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un documental repasará a Idade de Ouro do Software Español tomando o xogo do Capitán Sevilla como eixe
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Un documental repasará a Idade de Ouro do Software Español tomando o xogo do Capitán Sevilla como eixe

Marcus Fernández
Publicado: 11/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xogando_co_spectrum.jpgO cacereño Ángel Tirado, apaixonado dos videoxogos de 8 bits de finais dos anos 80 e director de documentais, decidiu plasmar nunha das súas producións o espírito da Idade de Ouro do Software Español, esa época na que a informática estaba a entrar nos fogares a través de ordenadores como o ZX Spectrum, o Amstrad CPC, o MSX ou o Commodore, que tiñan o lecer como principal uso, e que propiciaron a creación dunha industria que en España foi especialmente potente, de xeito que considérase que era o mercado de maior produción de videoxogos para ZX Spectrum detrás do Reino Unido (país no que Sir Clive Sinclair creara o produto).
Aínda que este documental producido baixo o selo Tarkemoto aínda non ten data de estrea, ten xa un vídeo de adianto no que permítenos ver unha mostra da cantidade de figuras do sector que participan na reportaxe, que como fío condutor ten a creación do videoxogo Capitán Sevilla (do que o propio Ángel Tirado era un dos responsables do seu apartado gráfico), que serve así de exemplo para ilustrar a cultura de creación independente que tan fondo callara na época.
capitan_sevilla.jpgO título do documental é No nos gusta Capitán Morcilla! (en referencia ao título que inicialmente ía ter o xogo, pero que mudou por outro máis comercial), conta cunha páxina de Facebook na que van contando os seus avances, e precisamente a través da mesma sabemos da participación no documental de Álvaro Mateos, David Brioso e Manuel Gascó (entre outros dos responsables do xogo Capitán Sevilla), Daniel Celemín e Luís García Ventura (autores dun remake de Capitán Sevilla distribuído baixo código aberto), Víctor Ruíz (un dos máximos responsables de Dinamic Software), Gonzo Suárez (de Opera Soft, aínda que actualmente sexa máis recordado pola creación de Pyro Studios, compañía na que naceu a serie de xogos Commandos), Adonías (experto en videoxogos e un dos responsables de Mondo Píxel), Rafael Corrales (director de Retro Madrid) ou Iván Fernández Lobo (presidente da Academia das Artes e das Ciencias Interactivas). En definitiva, un nutrido grupo de profesionais que poden dar moi boa conta do que era o sector dos videoxogos en España na época dos ordenadores de 8 bits, e que No nos gusta Capitán Morcilla! permitiranos lembrar cando a produción vexa a luz definitivamente.


Vídeo de adianto do documental

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais

23/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?