Non hai dúbida sen que o LG G4 é un dos mellores smartphones deste ano, tanto pola calidade da súa cámara (considerada entre as cinco mellores do mercado) como pola súa magnífica relación calidade-prezo, pero continúa a ser un terminal de alta gama, de aí que para achegarse a territorios onde os consumidores aínda se conforman con terminais sen 4G presenten o novo LG Ray, un smartphone con pantalla de 5,5 polgadas (cunha resolución de só 1.280 x 720 píxeles) que bebe do deseño dos seus irmáns maiores, pero que facendo certas cesións en prestacións consegue situarse nun rango de prezo que o fan ideal para a súa comercialización na Comunidade de Estados Independentes e, posteriormente, en América Latina.
Este smartphone económico chegará con procesador de 8 núcleos a 1,4 GHz, 1 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante microSD), 3G (ata 21 Mbps), cámaras de 13 e 8 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, batería extraíble de 3.000 mAh de capacidade, un grosor de 9,3 milímetros, un peso de 158 gramos e acabados en cor prata, ouro ou negro titán. En función dos mercados tamén se distribuirá en modelos con unha ou dúas tarxetas SIM.
LG presenta un terminal 3G pensando no público con baixo poder adquisitivo
Compartir Este Artigo

