Aínda que o Chromecast é un dispositivo empregado principalmente para presentar vídeo da Internet no televisor, dende Google tamén queren explotalo para outros ámbitos do lecer electrónico como os videoxogos, de aí que decidisen ampliar o número de xogos dos que podemos gozar combinando dispositivos con iOS e Android co Chromecast de cara ao Nadal.
Entre os xogos que agora están dispoñibles para xogar en Chromecast está agora Angry Birds Friends, de xeito que co móbil ou a tableta podemos manexar o xogo que se pode ver no televisor, como tamén acontece co xogo de Ubisoft Driver Speedboat Paradise, que anímanos a botar carreiras en canles acuáticas repartidas por todo o mundo.
Pero precisamente de cara ás festas os xogos que se van a agradecer máis para Chromecast son os de Hasbro, que adaptou a esta experiencia os seus Monopoly Here & Now, Yahtzee Blitz, The Game of Life, Scrabble Blitz 2.0 e ¡o Risk! Por desgraza estes últimos xogos só están dispoñibles polo momento en E.UU. e Canadá.
Os xogos de Chromecast presentan normalmente no dispositivo móbil unha interface de control, mentres que no televisor é onde poden seguirse as partidas, sendo unha categoría de títulos que non cesa de medrar, e que poden ser unha interesante solución de baixo custo para xogar en familia.
Aumenta o número de xogos compatibles con Chromecast
Compartir Este Artigo
