LG quere dar un toque característico aos seus altofalantes portátiles sen fíos, e así presenta en París a nova colección de altofalantes personalizados con ilustracións do artista JonOne, achegando así unha aparencia moi rechamante, de xeito que lucirían tan ben como se escoitan.
JonOne é un artista que se criou en Harlem (New York), onde recibiu unha grande influencia do graffiti e a arte na rúa, o que trasladou ao altofalantes sen fíos de LG, que convértense nunha especie de lenzo para o artista que fixo 3 deseño diferentes para o fabricante surcoreano que presumo da boa calidade sonora deste accesorio que pode conectarse mediante Bluetooth con ata dous dispositivos á vez, sendo tamén posible configurar dous altofalantes deste tipo como altofalante esquerdo e dereito no modo de funcionamento chamado Dual Play, que pode resultar moi atractivo para encher de música un espazo.
Os novos altofalantes sen fíos de LG by JonOne sairán á venda este mesmo mes en Francia e outros países europeos.
LG presenta unha serie de altofalantes sen fíos con deseños de JonOne
Compartir Este Artigo

