Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Este xoves abre as súas portas a XV edición de Mundos Dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Este xoves abre as súas portas a XV edición de Mundos Dixitais

Marcus Fernández
Publicado: 13/07/2016
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

mundos_dixitais_img_9861.jpgEsta mañá o director e creador do Festival Internacional Mundos Dixitais, Manuel Meijide, acompañado polo xerente de IGAPE IP, José Manuel Fernández, presentou a programación da XV edición deste encontro de grande reputación na que os mundos da animación, os efectos especiais, a arquitectura dixital e os videoxogos danse cita durante tres días na cidade da Coruña. Un ano máis unha produción español empresta a súa imaxe ao festival, e nesta ocasión será a prometedora Animal Crackers de Blue Dream Studios, que verá a luz nos vindeiros meses.

Contidos
  • Sector nun punto de inflexión
  • Grande momento para o sector
  • Primeira xornada
  • Espazo para a realidade virtual

Sector nun punto de inflexión

mundos_dixitais_img_9937.jpgEn concreto, máis de 600 expertos internacionais das meirandes produtoras mundiais acudirán a PALEXCO entre os días 14 e 16 de xullo para presentar as últimas novidades do sector da creación dixital, no que este ano toma especial importancia a emerxencia da realidade virtual. O director do festival defíneo como “un punto de referencia para que o sector se xunte para amosar as últimas tecnoloxías e desenvolvementos deste ámbito, sobre todo agora que está nun punto de inflexión no que os contidos de lecer teñen que convivir con novas áreas, con outros novos desenvolvementos, con outras novas interfaces… como son a realidade virtual, a realidade aumenta, que van mudar o xeito de xerar contidos e contar historias, algo no que os creativos están a traballar”.

Grande momento para o sector

mundos_dixitais_img_9882.jpgPola súa banda o xerente de IGAPE IP asegura que “non cabe dúbida de que neste momento estamos a vivir unha revolución dixital, que ten que ver con que cada día a tecnoloxía está a avanzar a pasos máis rápidos, o que nos leva a grandes innovacións que nos leva ao problema de que os grandes desenvolvementos tecnolóxicos precisan seren absorbidos polas persoas para poder utilizarse. Nese sentido entendemos que Mundos Dixitais é un foro inmellorable para que todo o que se está a xerar ao redor da creación dixital poida aterrar dentro das cabezas das persoas” ao que Fernández engade que “é moi importante que isto ocorra en Galicia, porque o sector da creación dixital e de contidos ten unha serie de características que para nós fano moi importante, que nos fan desexar que se desenvolva moito máis en Galicia, xa que xera emprego cualificado (as persoas que traballan na creación de contidos precisan dun background, dunha carreira profesional ampla, o que fai máis estable o seu posto de traballo) e por outra banda é un sector difícil de copiar (non é tan doado de trasladar como unha fábrica, xa que precisa dunha rede de relacións)”.
mundos_dixitais_img_9877.jpgJosé Manuel Fernández subliñou que “Mundos Dixitais está entre os tres principais eventos anuais deste tipo a nivel europeo, e celébrase en Galicia”, mentres que Manuel Meijide saliente o bo momento desta nova edición do festival, cando menos no que á produción estatal se refire, xa que “este ano é o que con diferenza o sector está máis maduro, cun grande número de empresas que están a desenvolver proxectos de primeiro nivel internacional” e incluso matizou que se acurtou moito a distancia entre as produción de primeira liña e o resto, que cada vez conseguen maior calidade e prestixio, de aí que cada vez se traballe máis para clientes internacionais.
Meijide tamén salientou que “este ano o Premio Especial recae no profesor Daniel Martínez Lara, xa que este ano o sector en España está vivindo o seu mellor momento, en grande medida por xente como el. Foi un referente para todos os que agora son punteiros a nivel mundial, e queriamos así recoñecer toda a súa traxectoria e aos seus alumnos que agora mesmo forman todas esas grandes producións”.

Primeira xornada

mundos_dixitais_img_9972.jpgA nova edición de Mundos Dixitais abrirá as súas portas o xoves, cunha clase mestra sobre interpretación para animadores do propio Ed Hooks, todo un pioneiro na formación neste ámbito, que ocupará toda a sesión matinal cos seus amplos coñecementos.
A sesión vespertina comezará coa presentación dos efectos visuais algunhas series de televisión máis premiadas dos últimos anos, como Peaky Blinders, War & Peace, The Night Manager ou The Last Kingdom, que achega o coruñés Fernando Vizoso; realizarase unha viaxe por 20 anos de animación en España; e tamén presentaranse os desenvolvementos de multitudes da longametraxe de animación Deep, coprodución española que prevé a súa estrea a finais de ano en máis de 40 países.

Espazo para a realidade virtual

Como novidade, este ano, e durante todo o evento, Mundos Dixitais contará cun espazo dedicado á realidade virtual e aos contidos que os novos medios poñen a disposición de contidos, como será a posibilidade de experimentar en primeira persoa o proxecto Tomorrow, creación de Future Lighthouse, que pode verse neste evento en primicia e que mediante a mestura de gráficos por ordenador e vídeo en 360 graos consegue unha experiencia inmersiva que narra a evolución da linguaxe, levándonos a unha viaxe dende as antigas covas da idade media ata a xulga do Amazonas para entender o concepto de futuro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?