Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: WhatsApp compartirá información dos seus usuarios con Facebook (agás que se opoñan)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

WhatsApp compartirá información dos seus usuarios con Facebook (agás que se opoñan)

Marcus Fernández
Publicado: 25/08/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

whatsapp_captura_condicions.jpgDende WhatsApp veñen de modificar as súas condicións de servizo, creando certo malestar entre os usuarios que ven con certa desconfianza os pasos que podería dar a ferramenta de mensaxería agora que é propiedade de Facebook, pois aínda que polo momento insisten no feito de que non publicarán nin compartirán os números de WhatsApp con terceiros (incluíndo a Facebook), si admiten que realizarán outras actividades con Facebook para facer seguimento das estatísticas sobre o uso dos seus servizos ou combater así mellor o spam en WhatsApp.
Dende WhatsApp consideran que conectar o número de teléfono do usuarios cos sistemas de Facebook poden axudar a ofrecer mellores suxestións de amizades ou para ofrecer anuncios máis relevantes, e precisamente para regular esta posibilidade é polo que están a realizar certas modificacións nas condicións de uso do servizo.
A intención de WhatsApp é compartir certa información con Facebook e as súas empresas, como sería o número de teléfono rexistrado en WhatsApp e a última vez que se empregou o servizo, ou sexa, información que normalmente compartimos cos nosos contactos, mentres que as comunicacións entre usuarios continuarán a ser totalmente privadas, pero o curioso deste importante cambio é que non se aplicará de xeito forzoso, senón que os usuarios teñen a opción de non permitir compartir a súa información privada con Facebook.
Dende WhatsApp aseguran que o intercambio de datos facilitará unha mellor medición dos usuarios únicos, facilitará combater as mensaxes non solicitadas e o abuso, e conseguirá unhas mellores suxestións de amigos en Facebook e unha publicidade máis relevante, insistindo no feito de que aínda non permiten anuncios tipo banner por parte de terceiros en WhatsApp (aínda que non o desbotan, xa que a aplicación actualmente é de balde) e a explotación comercial que están a explorar consistiría en facilitar a comunicación de comercios e empresas cos seus clientes, por exemplo, para intercambiar información de pedidos, transaccións, citas, entregas, actualizacións de produto… ou sexa, o tipo de comunicacións que actualmente recibimos a través de e-mail ou SMS, e que a través de WhatsApp aínda non contan cunha canle regulada para facer tal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

O videoxogo galego In Nomine Rally pon a proba a capacidade de IA para crear novas e revolucionarias aventuras
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026
Actualidade

O programa de formación dixital para pemes da Deputación da Coruña e o ITG arrinca este martes en Boiro

23/11/2026
Actualidade

Cinfo presenta un centro de control que xestiona máis de 700 eventos deportivos cada fin de semana

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?