Os usuarios do programa de betas de WhatsApp están comezando a recibir unha nova funcionalidade que consiste na posibilidade de actualizar o seu estado para que, en vez de presentar unha simple frase en formato texto poida incluír imaxes e vídeos personalizables ao máis puro estilo de Snapchat, ou sexa, que pouco a pouco WhatsApp avanzará para contar cunha prestación comparable ás historias de Snapchat e Instagram, o que supón un novo xeito de expresarse a través da aplicación.
Como acontece coas historias doutras aplicacións, o que se publique deste xeito desaparecerá tras 24 horas e non supón unha comunicación intrusiva, senón que agora a aplicación presentará unha nova sección na que poderemos ver os estados actualizados nas últimas horas.
Esta nova prestación parece querer ampliar a influencia de WhatsApp máis aló da mensaxería pura, para converter a aplicación nunha ferramenta máis social, facilitando a retención de usuarios, que así non terán que recorrer a outras plataformas para manifestarse publicamente dende o móbil.
WhatsApp está a clonar as historias de Snapchat
Compartir Este Artigo
