
Segundo informa BBVA, os grupos que participaron no Challenge Day contaron con dous minutos para “convencer” e “engaiolar” a un xurado composto por especialistas en transformación dixital, mercadotecnia e emprendemento. Finalmente, cinco grupos de estudantes lograron pasar á seguinte fase, na que recibirán varios módulos formativos. Máis adiante, na primavera, defenderán o seu proxecto final e o mellor grupo será recoñecido cunha viaxe a Berlín, onde terán a oportunidade de coñecer o tecido emprendedor novo desa cidade e completarán o seu desenvolvemento formativo”.
As iniciativas finalistas, unha a unha, son as que citamos a continuación.
1. Eco-stop: reinventando as marquesiñas de autobús. A idea é aproveitar os espazos urbanos que non están a fornecer o potencial que acubillan, como é o caso das marquesiñas. O equipo propón incorporar cobertura vexetal no teito (brión), que funcionaría como illante térmico. Ademais, o proxecto abrangue a colocación de pedais debaixo dos asentos. O alicerce disto é que poidamos, mediante o pedaleo, xerar enerxía para cargarmos o móbil, conectarnos ao Wi-Fi ou simplemente quentar o asento.
2. Civic, unha plataforma que premia aos cidadáns cívicos. A base desta iniciativa é promover nas cidades un comportamento que, malia o que se poida pensar, non está tan presente nelas como se cre: o civismo. O proxecto inclúe unha aplicación móbil e unha plataforma web que permite ao cidadán conectar, de maneira simple, cos servizos de emerxencia, ou ben reportar unha incidencia na cidade (mobiliario roto, atrasos no transporte, etc.). A iniciativa incorpora recursos de xeolocalización e gamificación, mediante os cales, informarmos de incidencias fai que o noso perfil vaia sumando puntos para acadarmos descontos en produtos e servizos, que serán mellores canto máis suba o nivel de civismo.

4. Entertaining: como aproveitar o tempo que pasamos no transporte público. O grupo de estudantes responsable desta iniciativa ideou un proxecto para aproveitar o tempo que moitos cidadáns pasan a diario nos trens de proximidade. Propoñen enchelo con espazos colaborativos, que se situarían no último vagón, onde os viaxeiros poden aprender cousas novas, como idiomas, música, etc. A conexión de intereses faríase con algunha plataforma informática ou aplicación, e mesmo como complemento a plataformas xa existentes.
5. City Thinkers, orientación laboral para mozas. Este proxecto nace da vontade de achegar orientación ás mulleres que veñen de rematar a carreira acerca dos estudos de posgrao e do mundo laboral. Trátase, pois, dunha plataforma que conecta a estudantes con traballadores, que orientan aos recentemente titulados sobre as posibilidades do mercado laboral, para poder elixir mellor os seus estudos de posgrao.
Dous mozos galegos, finalistas na segunda edición do concurso Blue BBVA Challenge
Compartir Este Artigo
