
Emporiso, este ano o encontro de artesáns da Pontenova contará cunha novidade que chega con feitura de Xornada de Tendencias: repensar, reciclar, renovar; unha cita que terá lugar o sábado 10 (dende as 10:30 ata 16:30 horas) na Casa da Cultura. Neste caso, senlleiros profesionais amosarán técnicas aplicadas aos oficios tradicionais, conxugando innovación e tradición, co obxectivo de “reinventar e potenciar” este sector (proxectos sobre a transformación do móbel, etc). A xornada está aberta ao público en xeral e a entrada é de balde.
A programación desta xornada comeza o sábado ás 10.30h coa recepción de asistentes.
Ás 11h, Reci-creando: por un mundo máis sustentábel. Blanca Arregui (licenciada en Dereito e especialista en social media management e redes sociais) presentará o portal de venda en liña de mobiliario reciclado Artilujos.
Ás 12h, Tendencias no mundo da reciclaxe creativa, con Susana Aparicio (artista e xestora, promotora e directora do Salón Internacional de Reciclaxe e Sustentabilidade).
Ás 13h, Revivindo: unha alma nova para vellos obxectos. Participarán Marcos Ladra (artesán da talla en madeira e restaurador); Ráquel López (artista plástica e tatuadora en Camaleón Tattoo); e Javier Sánchez-Montaña (arquitecto consultor Supp Art Asistant). Amosarán, entre outras moitas cuestións, como levar a arte do tatuaxe ao sector do móbel. Exporán unha orixinal peza tatuada en obradoiros da Pontenova.
Ás 16h, Presentación de pósters. Espazo reservado para a presentación de novos talentos e proxectos de emprendedores.
Ás 16:30h, Descubrindo o sabor do Antigo con Chus Cano. Chus Cano é presentadora na canle Decasa de varios programas, entre eles Reciclarte, no que dá vida a pezas que estaban no esquecemento.
E seguindo na fin de semana, celebrarase a primeira ruta da moto antiga e terá lugar a Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova, que reunirá a máis de 60 artesáns e anticuarios con demostracións de oficios tradicionais en vivo na Casa da Cultura (mañá e tarde), entre eles: Cecilia Carballo Castrillón (demostración de tear), José Mª Rodil Arruñada (escultura en madeira e de forxa), Aurora Rodil (encaixe de bolillos e pintura en tea), Michelle Pío Dasilva (labores en tea e ganchillo), Jesús Iglesias (torno) e Luísa Martínez Vázquez (cestería en vimbio).
As redes sociais, co-protagonistas da Feira de Artesanía da Pontenova
Compartir Este Artigo

