Facebook anunciou hoxe o lanzamento global dunha nova cámara nativa para a aplicación de Messenger, que estréase agora procurando axudar a crear contidos máis creativos de cara ás festas de Nadal. Deste xeito, cando agora queremos empregar a cámara dentro do Messenger só teremos que ir á icona da cámara, e logo, se prememos unha vez o botón de disparo conseguiremos unha fotografía, mentres que, se o deixamos pulsado de xeito prolongado, gravaremos un vídeo, conseguindo así un control máis áxil e intuitivo da aplicación.
A cámara tamén permite incorporar debuxos e textos ás imaxes, ao que agora engádense efectos especiais e máscaras tridimensionais, facendo máis doado o emprego de filtros artísticos e conseguindo así que podamos xogar a ser renos de Papá Noel, ou simplemente que adornemos con distintos detalles os vídeos cos que queremos felicitar a amigos e familiares as festas.
A nova cámara do Messenger tamén integra centos de adhesivos, marcos, máscaras e efectos entre os que elixir, conseguindo así que a aplicación sexa cada vez máis completa e poida conseguir evitar a fuxida de usuarios ata plataformas como Snapchat (popular polo uso deste tipo de elementos de personalización).
O Messenger renova a súa cámara
Compartir Este Artigo
