Aínda que Apple Music pode parecer que é simplemente un servizo de música a través de streaming, tamén quere funcionar como unha plataforma de contidos orixinais que sirvan así como elemento diferenciador e reclamo fronte ás súas alternativas, e ao igual que que contan cun programa de televisión baseada no formato Carpool Karaoke (moi célebre en YouTube), agora lanzan o vídeo promocional de Planet of the Apps, un contido moito máis tecnolóxicos, que consiste nunha especie de concurso de talentos no que os participantes son emprendedores que queren facer realidade a súa aplicación móbil.
Este novo espazo estará presentado por Zane Lowe e contará con mentores como Jessica Alba, Gwyneth Paltrow, Gary Vaynerchuk e Will.i.am, polo que parece claro que queren converter a concepción de aplicacións en todo un espectáculo. O programa incluso vai un paso máis aló e contará cunha aplicación móbil de seu na que figurarán as aplicacións máis prometedoras para que os usuarios poidan votar por elas dun xeito semellante a como funcionan aplicacións como Tinder.
Planet of the Apps conta coa colaboración de Lightspeed Ventures, unha firma de capital risco de Silicon Valley, que investirá millóns de dólares na aplicación que gañe o concurso e tamén confíanse en que as mellores aplicacións do programa consigan unha boa visibilidade na App Store.
Vídeo promocional do programa Planet of the Apps
