O servizo que colleu o relevo a Hotmail, Outlook.com, vén de estrear para usuarios xerais o seu plan Premium nos EE.UU., de xeito que a partires de agora os usuarios que o desexen poden contratar por 49,99 dólares/ano (19,95 dólares/ano en promoción) para ter un servizo de correo electrónico sen publicidade e coa posibilidade de poder gozar de enderezos de correo electrónico personalizados (ou sexa, cun nome de dominio contratado polo usuario) que pode compartirse con ata 5 persoas, sendo esta prestación adicional de balde durante o primeiro ano (máis adiante custaría 10 dólares/ano de contratarse a través de GoDaddy, mentres que se o usuario paga o dominio pola súa conta o servizo sería sempre de balde), o que pode resultar moi práctico para familias e pequenas empresas, xa que así contarían cun servizo de correo electrónico personalizado a un prezo bastante axustado. Polo momento, os que contrate este servizo ao prezo promocional manterían ese prezo nas sucesivas renovacións.
Dende Outlook.com Premium non só pode empregarse o correo electrónico, senón tamén compartir calendarios, contactos e documentos (a través de OneDrive) entre ata 5 usuarios, o que consideran que pode resultar unha magnífica opción para familias.
Outlook.com Premium ábrese ao público nos EE.UU.
Compartir Este Artigo
