Hai menos dun ano Google presentaba Spaces, un novo xeito de compartir contidos en grupos reducidos, no que parecía una intención de coller algunhas das funcionalidades de Google+ e darlles unha identidade de seu para garantir a súa supervivencia, pero desta volta parece que o produto non conseguiu despegar, carecendo de interese para o usuarios e converténdose nun auténtico servizo descoñecido, de aí que non sorprendan os seus plans de peche.
Google Spaces será un dos moitos servizos que Google mata, dando a impresión de que a compañía de Mountain View dá luz verde a demasiados proxectos sen chegar preocuparse pola súa consolidación, non treméndolles o pulso á hora de ter que aniquilalos pese incluso á oposición dos usuarios (como aconteceu cando pecharon Google Reader).
A partires do 3 de marzo Google Spaces pasará a funcionar en modo de só lectura, de xeito que xa non permitirá engadir contidos, para proceder ao borrado total o 17 de abril. Antes da chegada deste derradeiro día do servizo os usuarios poderán ver, gardar, imprimir ou borrar o contido que publicaran no mesmo.
A grande pregunta agora xa non é por que Google elimina Spaces, senón ser houbo un número significativo de usuarios que chegase a empregar o servizo, e por que Google molestouse en perder o tempo creando unha funcionalidade para a que non existía unha demanda real.
Google Spaces desaparecerá o 17 de abril
Compartir Este Artigo
