Para os usuarios que buscan unidades de disco externas rápidas, fiables e seguras Western Digital lanza as súas primeiras unidades SSD externas, as My Passport SSD, que son os discos My Passport máis rápidos ata hoxe (con velocidades de ata 515 MB/segundo a través dun porto USB-C, aínda que tamén inclúe un adaptador para USB-A e soportan ata USB 3.1 de segunda xeración), compatibles con Windows e Mac (sendo especialmente atractivo para os últimos portátiles de Apple, que integran USB-C), e que integran cifrado por hardware AES de 256 bits para os usuarios que queiran protexer os seus contidos con contrasinal para quen non sexan accesibles en caso de perda ou roubo.
Ao non seren discos duros, senón unidades SSD, son moito máis resistentes ao transporte, estando estas unidades probadas para resistir caídas de ata 1,98 metros; tamén inclúen software para facilitar a realización de copias de seguridade automáticas; o seu tamaño é moi compacto (90 x 45 x 10 milímetros) e estarán dispoñibles en capacidades de 256 GB, 512 GB e 1 TB a 129,99, 209,99 e 399,99 euros respectivamente, o que actualmente é un prezo bastante axustado (na liña de competidores como SanDisk ou Samsung, pero presentando un rendemento lixeiramente superior).
Western Digital estrea unidades SSD externas con USB-C
Compartir Este Artigo

