Para os aventureiros que non queren realizar un grande desembolso no seu smartphone LG vén de presentar un novo teléfono móbil moi axeitado, o LG X Venture, centrado nunha grande resistencia e autonomía, e con prestacións orientadas a actividades ao aire libre.
O LG X Venture é un smartphone cunha aparencia bastante discreta, que non por iso carece de protección IP68 contra o po e a auga, para o que pasou 14 probas MIL-STD 810G, así como tamén é capaz de soportar temperaturas extremas, impactos e auga (aguantando ata 30 minutos a 1,5 metros de profundidade), sen por iso ter o aspecto exterior dun dispositivo reforzado (ou sexa, sen anti-estéticos elementos de caucho ou goma para conseguir elevados niveis de protección).
O teléfono inclúe aplicacións como barómetro, compás, medidor de actividade (pasos/calorías/distancia), rastrexador de exercicios, lanterna e estado do tempo; e para facilitar o seu control conta con tres botóns físicos frontais e un botón de atalo lateral, facilitando así a interacción cando, por exemplo, o usuario viste luvas ou está en contornos húmidos ou pouco limpos.
O LG X Venture é un teléfono con pantalla Full HD de 5,2 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 435, 2 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 2 TB), cámaras de 12 e 5 Mpíxeles, batería de 4.100 mAh con Quick Charge 2.0, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.2, NFC, radio FM, lector de pegadas, sistema operativo 7.0, un grosor de 9,29 milímetros e un peso de 166,5 gramos. Ten un marco de metal e venderase cunha parte traseira anti-deslizante en negro ou marrón.
LG presenta un novo smartphone de gama media para actividades en exteriores
Compartir Este Artigo

