Utilizar cascos de realidade virtual con xente ao redor tende a provocar un illamento que pode resultar molesto, incluso para as persoas que están ao redor do usuario, xa que non saben o que está a acontecer na contorna virtual, o que en solucións para PC soluciónase grazas a que pode verse en pantalla o que está a ver o usuario a través das lentes.
Esta idea vén de recollela a xente de Oculus, e a súa aplicación para Gear VR está a incorporar estes días compatibilidade con Chromecast, de xeito que os usuarios do casco de realidade virtual de Samsung que teñan o seu móbil coa última versión de Android comezaron xa a recibir a funcionalidade que permite proxectar a imaxe que ve o usuario nunha pantalla compatible con Google Cast ou que teña un Chromecast conectado, facilitando así que outras persoas poidan ver a experiencia virtual ou incluso que o sinal poida retransmitirse ou gravarse (para gameplays ou directos en liña).
Dende Oculus confían en que este xeito de poder compartir a realidade virtual propicie a celebración de encontros nos que se amosen as VR, facendo máis popular esta tecnoloxía emerxente.
A imaxe das Gear VR poderase ver a través de Chromecast
Compartir Este Artigo
