A división de pantallas de LG, LG Display, presentou hoxe un novo panel OLED de 77 polgadas que chama poderosamente a atención por ser flexible e transparente. Esta nova pantalla tería unha resolución de 4K (3.840 x 2.160 píxeles), un nivel de transparencia do 40% e un radio de curvatura de 80 (de xeito que podería enrolarse ata un radio de 80 milímetros sen afectar á función da pantalla).
LG xa presentara en 2014 pantallas OLED flexibles e transparentes de 18 polgadas, levándoas ata as 55 polgadas o ano pasado, e con este novo tamaño conséguese ampliar o ámbito de aplicación deste tipo de tecnoloxía innovadora que pode resultar especialmente atractiva para establecementos públicos nos que se queira provocar un grande impacto.
LG presenta unha pantalla OLED 4K flexible e transparente de 77 polgadas
Compartir Este Artigo

