A CRTVG estará presente no Culturgal esta fin de semana
venres, 29 de novembro do 2024
A CRTVG contará cun espazo na Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, no Pazo da Cultura de Pontevedra, até o vindeiro domingo, achegando a este encontro o seu estudio virtual, cun fondo de chroma, onde os visitantes terán a posibilidade de converterse por un intre en presentadores dun telexornal e verse reflectidos nunha pantalla de gran formato, nun decorado caracterÃstico dun informativo da TVG e lendo a cámara noticias reais dun Telexornal.
No expositor da Galega os asistentes poderán coñecer as plataformas dixitais do ente público e a súa presenza en redes sociais.
A Feira das Culturas Galegas estará amplamente recollida nos servizos informativos da Galega e, mesmo terá un oco destacado o venres, dÃa inaugural, no Diario Cultural da Radio Galega. Conectará coa feira para desenvolver unha tertulia co director do Culturgal, Camilo Franco; coa editorial Kalandraka, que asiste historicamente a Culturgal; coa directora de ca_co_flex, Isabel Fernández, un proxecto de artes escénicas que trata o acceso á vivenda nas vilas e cidades de Galicia, e as dificultades para independizarse que sofre a xeración millennial. As artÃfices do proxecto, Isabel Fernández, Julia MarÃn, e as actrices e actores novos, Ziggi Iglesias, Alixa Ladson, Mateo RodrÃguez, Lúa Pagán e Hugo González, darán conta no programa desta iniciativa que levan ao Culturgal. Tamén a colaboradora do Diario Cultural, Eva Mejuto, falará desde o Pazo da Cultura de Pontevedra de dous libros infantoxuvenÃs e da presenza desta literatura na feira.
E tamén terán cabida neste espazo cultural variadas producións de recoñecido éxito e apoiadas pola Televisión de Galicia, como é o caso de As neves, +Cuñados, Os espazos en branco, Aurora ou Filmei paxaros voando, entre outras. Os asistentes poderán asistir á súa proxección e posterior coloquio, que contará coa presenza dos directores/as das mesmas.
Estrea en Xabarin.gal
A celebración pontevedresa coincide coa estrea na plataforma infantil Xabarin.gal da serie galega de animación Bibopalula, coproducida pola CRTVG e Undodez. Colorida, divertida e ambientada nun bosque amable, Bibopalula componse de historias de cinco minutos protagonizadas por paxaros que teñen un grupo musical e en que a natureza -e os seus ciclos- ocupa sempre un lugar principal.