A Coruña acolle o 14 de febreiro unha nova cita cos datos da man de Improving Metrics
mércores, 6 de febreiro do 2019
A
empresa Improving Metrics vai organizar o 14 de febreiro unha nova
edición do evento Improving Minds na Coruña, unha xuntanza
participativa centrada en CRO (polas súas siglas en inglés
Conversion Rate Optimization)
que consiste na práctica de optimizar a ratio de conversión dun
sitio web, o que repercute directamente nunha mellora do negocio
responsábel dese sitio. A nova cita de Improving Metrics, empresa
tecnolóxica galega centrada en analítica de datos e Intelixencia
Artificial, será na Coruña e contará coa participación de
expertos en CRO ao tempo que colaboradores de Improving Metrics.
Estamos a falar de Redbility, Webtrekk e A/B Tasty.
Diego
Semprún, director xeral de Webtrekk España, Jesús Moreno, country
manager de A/B Tasty, Antonio Gutiérrez Hinojosa e Txema
Sotuela, fundador e responsábel de desenvolvemento de negocio de
Redbility, respectivamente, mostrarannos casos prácticos de
análises, usabilidade e testeado A/B, para, nas súas palabras,
“amosarnos como persuadir e transformar visitas web en clientes
namorados da nosa marca”.
A
sesión está prevista para as 19.30 horas, no Centro Accede
Papagaio, A Coruña. Trátase dunha sesión aberta ao público, aínda
que con prazas limitadas (até completar aforamento). Para máis
datos sobre o evento, cómpre visitar a
web de Improving Minds.