A Coruña e Vigo obteñen o apoio estatal para a creación de centros de capacitación dixital
xoves, 7 de setembro do 2023- O Consistorio coruñes nunha foto de Javi SA para a Galipedia
Os
Concellos da Coruña e Vigo veñen de obter subvencións para a
creación de cadanseus centros de capacitación dixital municipal. A
liña de axudas, convocada o pasado 24 de abril polo Ministerio de
Educación e Formación Profesional, ten como obxectivo a creación
dunha rede estatal de espazos formativos que exerzan de fronte
conxunta contra a fenda dixital.
510
axudas en todo o Estado
No
marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia,
financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation,
convocáronse un total de 510 axudas para entidades locais de toda
España. O Concello da Coruña foi unha das oito entidades galegas á
que lle foi concedida esta axuda, sendo a única cidade xunto con
Vigo en obter os fondos para a creación do centro.
Coa
concesión desta axuda, A Coruña e Vigo pasan a formar parte da rede
estatal de Centros de Capacitación Dixital que teñen como meta
“facilitar o acceso á formación dixital da cidadanía,
especialmente dos colectivos con risco de exclusión tecnolóxica”.
O
Concello
da Coruña explicou que a través deste Centro de Capacitación
Dixital o Goberno local ofertará formación en competencias dixitais
transversais como transaccións e comunicacións seguras en liña ou
uso de dispositivos electrónicos, así como outras formacións
máis avanzadas en materia TIC (Tecnoloxías da Información e a
Comunicación). Así, o Concello reforzará a súa oferta de
formación en novas ferramentas, logo do éxito nas catro edicións
anteriores dos cursos en Big Data e a formación en
ciberseguridade, comezará a impartirse o vindeiro 11 de setembro no
Centro Municipal de Emprego dos Rosais.