A HBO competirá con Netflix en España
martes, 19 de xaneiro do 2016
O vÃdeo baixo demanda a través da Internet parece imparable,
e agora que en España podemos gozar de Netflix, a plataforma deste tipo máis
popular a nivel mundial, parece que a competencia vai afiar as súas armas, xa
que hoxe anuncian que HBO
prepara a comercialización de HBO NOW no noso territorio, de xeito que
poderemos contratar o acceso aos contidos da plataforma de Time Warner sen ter
contratada a canle dentro dunha oferta de televisión de pagamento convencional.
Parece que a HBO aprendeu dos erros cometidos por Netflix no seu desembarco
español, paÃs no que consideran que hai unha grande presenza da banda larga e
da piraterÃa, e para conseguir que a
súa nova proposta conte con atractivo, reterán os dereitos das súas series,
evitando o que acontece coas últimas tempadas de House of Cards e Orange is
the New Black (que pese a ser series orixinais de Netflix, en España só
están dispoñibles a través de Movistar+).
Tendo en conta que a grande carencia da meirande parte das plataformas de
pagamento de vÃdeo á carta é a serie Game
of Thrones, o novo escenario resulta moi interesante, xa que permitirá
comprobar se o público que masivamente descarga semanalmente a serie de máis
éxito dos últimos anos estará disposta a pagar por acceder legalmente á mesma.
A chegada de HBO NOW a España está prevista para finais de ano, terÃa un prezo semellante
ao de Netflix, e incluirÃa contidos de HBO, Showtime, Starz e AMC Networks, asÃ
como pelÃculas, de xeito que englobarÃa un catálogo moi atractivo.
