A Hobbycon celebra o seu 10ª aniversario

venres, 14 de xullo do 2023 Marcus Fernández

As instalacións do PALEXCO acollen dende hoxe e durante toda a fin de semana de 12:00 a 21:00 unha nova edición de verán da Hobbycon, evento de lecer alternativo que están a celebrar o seu 10º aniversario. A cita conta con numerosas actividades, que van dende obradoiros até charlas, pasando por torneos de videoxogos e xogos de mesa e concursos de baile e cosplay.
Como actividades salientables dende o punto de vista tecnolóxico temos un obradoiro con trucos e consellos para realizar fotografías de cosplay de calidade co móbil (o domingo ás 13:00); o sábado hai unha xincana de Animal Crossing e un torneo de Just Dance; e durante todos os días hai torneos na súa zona de videoxogos, que o sábado serán de Street Fighter 6 e Tekken 7 e o domingo de Super Smash Bros Ultimate e Mario Kart Deluxe 8.
Cómpre lembrar que a zona de videoxogos conta con postos de xogos libre durante toda a fin de semana, nos que tanto podemos gozar de xogos actuais como de xogos retro.

Programa de actividades da fin de semana

PUBLICIDADE